España. Gabinete de Comunicación, Academia Galega do Audiovisual. INSTITUCIÓNS E PROFESIONAIS DEBATEN A SITUACIÓN DO AUDIOVISUAL GALEGO NA DERRADEIRA SEMANA DAS XORNADAS O ESTADO DAS COUSAS
INSTITUCIÓNS E PROFESIONAIS DEBATEN A SITUACIÓN DO AUDIOVISUAL GALEGO NA DERRADEIRA SEMANA DAS XORNADAS O ESTADO DAS COUSAS
A.G.A. Martes 19 xuño 07
A Academia Galega do Audiovisual continúa esta semana celebrando as Xornadas que analizan a situación do audiovisual galego. Mañá mércores 20 e o xoves 21 de xuño, os temas das mesmas serán As Institucións e Os Profesionais respectivamente, que serán quen de poñer sobre a mesa a súa visión do sector dende a perspectiva que ocupan social e sectorialmente. A estas Xornadas que levan por título O ESTADO DAS COUSAS, asisten os socios e socias da Academia Galega do Audiovisual. A pasada semana debateuse o tratamento dos Medios de Comunicación e o papel que estes desenvolven en relación ó audiovisual galego, así como a situación do sector dende a visión meramente cultural. As Xornadas celébranse en Santiago, de 19:00 a 21:00 hs., no Club Internacional de Prensa en Santiago, na Avda. da Coruña nº 6.
Esta derradeira semana de Xornadas, o Programa é o seguinte:
19.00 – 21.00 H. Mesa redonda: INSTITUCIÓNS.
Pedro J. Caldas García, subdelegado de Programas de Acceso ó Crédito, do IGAPE
Manuel Fernández Iglesias, Director Xeral de Comunicación Audiovisual, da Secretaría Xeral de Comunicación
Manuela Fraguela, Subdirectora Xeral de Promoción Industrial e Comercio Exterior da Consellería de Innovación e Industria
Eduardo Galán, Director de programas TVG
Manuel González, Asesor de audiovisuais Consellería de Cultura e Deportes
Paco Lodeiro. Moderador
19.00 – 21.00 H. Mesa redonda: PROFESIONAIS
Jorge Algora, Vicepresidente AEGA (Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual)
Dolores Ben, Presidenta AGAPI (Asociación Galega de Produtores Independentes)
Héctor Carré, Presidente CREA (Asociación de Directores e Realizadores galegos)
Beatriz Legerén, Presidenta EGANET (Empresas Galegas Adicadas a Internet)
María Liaño, Presidenta ATEGA (Asociación dos Técnicos de Galicia do Audiovisual)
Vicente Montoto, Presidente AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia)
Pancho Casal, Vicepresidente Clúster Audiovisual Galego
Xosé H. Rivadulla Corcón, Presidente AGAG (Asociación Galega de Guionistas)
Carlos Ares. Moderador
Gabinete de Comunicación
Academia Galega do Audiovisual
639 89 09 68




Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados